Unha boa forma de coñecer un país é a través da súa cultura gastronómica, e aí nos embarcamos. Decidimos facer un postre moi típico do norte de Grecia e que comparte con outros países como Turquía ou Exipto. É o Ravaní, que é un biscoito con sémola e almíbar de laranxa.
En primeiro lugar a profe escribiu a receita na pizarra e despois vimos tódolos ingredientes.
A continuación batemos os ovos co azucre ata que doblen o tamaño. É o que máis nos gusta, darlle á batidora!
Engadimos os iogures, o aceite e a raiadura de laranxa.
Por último mezclamos moi a pouquiño a sémola, a fariña, a levadura e o chisquiño de sal.
E vai para o forno a 180º uns 20-30 min dependendo do voso forno!.
E despois a comelo que é o que de verdade nos gusta!












No hay comentarios:
Publicar un comentario