viernes, 6 de abril de 2018

ODAIKO

O 22 de marzo fixemos unha saída moi especial. Fumos ao Centro Cívico de Arteixo para ver ao grupo de percusión "ODAIKO". 
O día foi moi especial, xa que ademáis de encantarnos o concerto foi superdivertido poder ir andando polo paseo fluvial de Arteixo. 
Aquí tendes algunhas fotos para que vexades como o disfrutamos.














Como nos gustan os postres gregos!

Unha boa forma de coñecer un país é a través da súa cultura gastronómica, e aí nos embarcamos. Decidimos facer un postre moi típico do norte de Grecia e que comparte con outros países como Turquía ou Exipto. É o Ravaní, que é un biscoito con sémola e almíbar de laranxa.

En primeiro lugar a profe escribiu a receita na pizarra e despois vimos tódolos ingredientes.


A continuación batemos os ovos co azucre ata que doblen o tamaño. É o que máis nos gusta, darlle á batidora!



Engadimos os iogures, o aceite e a raiadura de laranxa.
Por último mezclamos moi a pouquiño a sémola, a fariña, a levadura e o chisquiño de sal.
E vai para o forno a 180º uns 20-30 min dependendo do voso forno!.




E despois a comelo que é o que de verdade nos gusta!







lunes, 19 de febrero de 2018

ENTROIDO!!!

Xa acabou unha das festas máis divertidas do ano: O ENTROIDO!!! 
Este ano, ademais de seguir as ordes do noso amigo o Meco, tamén nos disfrazamos de deuses gregos. Fumos por un ratiño Poseidón (deus do mar) e Hera (deusa da familia).
Sempre son uns días de moitísima diversión.  Nada comparable con disfrazarse!.

O luns tiñamos que traer o cabelo tuneado.


O martes, algún complemento do noso deporte favorito.


O mércores había que traer un zapato de cada cor.
Pero sen dúbida, o día máis chulo de todos foi o xoves no que viñemos en pixama!!!




O venres foi o gran día! Unha mágoa non pode lucir os nosos disfraces polas rúas de Arteixo, pero este ano tocou un Entroido moi frío e moi mollado. Aínda así, pasámolo xenial desfilando para os compañeiros do cole.





lunes, 8 de enero de 2018

Magdalenas de Nadal

Despois do parón de Nadal, imos poñervos a receita das magdalenas que levaron para a casa antes das vacacións. É unha receita moi sinxela e que estaba boísima. Certo que non é a máis saudable do mundo, pero de vez en cando, un capricho non ven mal ;)
Para 12 unidades necesitamos:

- 125ml de leite + zume de medio limón.
- 190 gr de fariña.
- 30 gr de cacao puro en po.
- 5 gr de levadura tipo Royal.
- 1/2 cdta de sal.
- 2 ovos a temperatura ambiente.
- 150 gr de azucre.
- un chorriño de esencia de vainilla.
- 125 ml de aceite de xirasol.

A cobertura neste caso era crema de avelás e os adornos fixémolos con galletas saladas e lacasitos.

1. Poñemos o forno a quencer a 155ºC.
2. Poñer o leite co limón e deixalo repousar 5 minutos.
3. Tamizar a fariña, o cacao, a levadura e o sal.



4. Bater os ovos e ir engadindo o azucre. Despois o aceite e a vainilla.



5. Cando estean ben espumados, ir engadindo a pouquiños a metade da fariña e do leite e despois o que quede. A mezcla é bastante líquida.


6. Metemos no forno nunhas cápsulas de magdalena e uns 25-30 minutos. Botádelle un ollo porque iso depende de cada forno.
7. Deixamos arrefriar e adornamos!