Xa acabou unha das festas máis divertidas do ano: O ENTROIDO!!!
Este ano, ademais de seguir as ordes do noso amigo o Meco, tamén nos disfrazamos de deuses gregos. Fumos por un ratiño Poseidón (deus do mar) e Hera (deusa da familia).
Sempre son uns días de moitísima diversión. Nada comparable con disfrazarse!.
O luns tiñamos que traer o cabelo tuneado.
O martes, algún complemento do noso deporte favorito.
O mércores había que traer un zapato de cada cor.
Pero sen dúbida, o día máis chulo de todos foi o xoves no que viñemos en pixama!!!

O venres foi o gran día! Unha mágoa non pode lucir os nosos disfraces polas rúas de Arteixo, pero este ano tocou un Entroido moi frío e moi mollado. Aínda así, pasámolo xenial desfilando para os compañeiros do cole.






