viernes, 8 de diciembre de 2017

Comprensión oral

Bos días! 
A asamblea que facemos a primeira hora é un dos momentos no que nos sentimos máis inspirados. Ademais das rutinas diarias contamos aquelas cousas que nos parecen importantes, xogamos cos números e as letras e ultimamente descubrimos un xogo que nos encanta. Está relacionado coa comprensión oral. 
Móstrolles unhas fichas que teñen unha serie de instruccións, susúrrollas ao oído (a quen lle toca debuxar) e os demais compañeiros tratan de averiguar de que se trata. Pasámolo xenial e partámonos de risa con alguns deles!